Miguel Esteban – Toledo
Unha das principais labores da agrupación O Carballo das Cen Pólas é a difusión da cultura tradicional dando a coñecer as nosas tradicións, tanto en Galicia como no resto da península.
É por elo que participamos en intercambios culturais con outras provincias, tendo así a posibilidade de dar visibilidade ao noso folclore e que a nosa xente teña acceso á cultura e tradicións de outras rexións
Este ano o faremos coa Asociación Cultural Danzas y Costumbres de Miguel Esteban de Toledo.
O vindeiro 13 de Xullo compartiremos festival, ademáis, co Grupo Folklórico La Purísima de Casillas (Murcia).

A finais do mes de xullo a cultura tradicional terá outra oportunidade, neste caso será en Reboreda (Redondela), donde a Asociación Cultural Danzas y Costumbres participará no noso Festival Internacional.