O carballo

A Agrupación Folclórica O Carballo das Cen Pólas naceu no ano 1978 formado por mozos e mozas de Reboreda e vinculado á Sociedade Labrego Cultural da parroquia. Despois de varios anos sen actividade, a Asociación inicia novamente a súa andaina no ano 1993 baixo unha nova concepción de baile e música.

Nesta asociación sen ánimo de lucro o que se tenta e manter as costumes, os vestiarios, a música e o folclore galego a través da musica e a danza mediante a intervención en intercambios xa sexan parroquiais, nacionais ou internacionais, a participación na “Festa dos Maios”, o “Día da muñeira” e festivais. 

Hoxe en día, está composto por máis de 65 persoas que participan nas Escolas de Baile, Música e Cantareiras de idades comprendidas entre os 5 e os 70 anos, polo que convidamos a tódos os que queirades formar parte de esta gran familia a vir a visitranos e pasar un bo rato connosco.

Nenos Canto

Escola de Gaitas e Percusion: dirixida polo mestre Jandro Barciela e Lois Prado respectivamente, ambos conseguen a armonia nun grupo de gaitas moi dispar.

Escola de baile : formada por bailadores de distintas idades, dende meniños ata maiores, dirixida polo mestre Luis Canal.

Escola de canto e pandeireta:  tenta recoller pezas do folclore popular de distintos sitios de Galicia e dalas a coñecer. Dirixe esta escola a mestra Erica Iglesias.