O sábado 27 de xullo ás 22:00 dará comenzo a XVII edición do Festival de Folclore Internacional de Reboreda, no que participarán como invitados o Rancho Das Ceifeirinhas de Vila Nova De Anços – Coimbra (Portugal), e o Grupo Folclórico Danzas y Costumbres de Miguel Esteban – Toledo.

Festival 2019

Tamén estará no torreiro da festa a Agrupación o Carballo das Cen Pólas, que participará con todas as súas escolas.

Este festival internacional forma parte dos intercambios que todos os anos a agrupación O Carballo das Cen Pólas fai con grupos de España e Portugal.

Como é habitual teremos o sorteo da tenreira entre todos os asistentes.

Estades convidados!!!!!

Categorias: Festival

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *